INDEPENDENCIA

Con España non temos futuro. Galiza é unha nación sen estados cuxos recursos están sendo expoliados continuamente. Depende de nós mudar as cousas.

SOCIALISMO

Construamos a República Galega. Loitamos por un novo paradigma. camiñamos cara unha república onde os nosos dereitos non coñezan os impedimentos que o capital impón.

FEMINISMO

Por un novo xeito de nos relacionarmos. Queremos rematar coas opresións por causas do xénero. Queremos unha nova sociedade onde as violencias machistas sexan desterradas.

Construamos a utopía 2024

Construamos a utopía

Na Galiza, como nación oprimida polo Estado español, a forma en que as comunistas contribuímos á construción da sociedade sen clases é, necesariamente, a través dunha praxe independentista que faga das clases populares, coa clase obreira á fronte, o suxeito de transformación. Estas son as conclusións ás que chegou o

Alén desta páxina web...

As redes sociais de Isca! 😉

Ademáis do noso traballo nos barrios, nos centros de ensino, nos centros de traballo e a nosa presenza nas organizacións de masas, podes atoparnos nas redes sociais. Diariamente partillamos temas de actualidade, debates, mobilizacións e contido relevante para a mocidade galega.

Isca! · A organización da mocidade rebelde

Somos Isca, nacemos en 2006 a partir dun grupo de militantes nacionalistas críticos coa deriva do nacionalismo oficial, conscientes da necesidade de organizar a mocidade en chave revolucionaria para defender un proxecto de cambio social real.

Somos independentistas e socialistas, organizámonos na Galiza de hoxe para construir a Galiza de mañá: libre, democrática e con xustiza social.

Unimos mozas e mozos, traballadores e estudantes, para transformar o país, porque procurar un futuro digno para a mocidade galega é organizarse desde xa para conseguir un país soberano e un cambio radical de sistema.

As nosas publicacións

Accede, consulta de xeito sinxelo e ordenado e descarga en PDF as nosas publicacións. Tanto o Rebater, a nosa folla axitativa, como o Combater, o noso voceiro nacional.

Rebater
folla axitativa de Isca!

Combater
voceiro nacional

72 números do Rebater

A nosa folla axitativa leva xa publicados un total de 72 edicións, estando presente en mobilizacións de todo tipo.

12 números do Combater

O noso voceiro nacional, de tirada anual,contén artigos de opinión e análise política con 4 páxinas a toda cor.

Descárgaos cun clic

Podes descargar todos os números desde esta web. Percorrido histórico polas posicións e análises de Isca!

A biblioteca, recursos para a loita ideolóxica

Espazo de formación para a mocidade revolucionaria

Escríbenos ;)