Isca!

En destaque

[Vigo] II Xornadas de formación feminista

cartazXornadasFeministasUnha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir. Escoitar, aprender unhas das outras, analizar e cuetionar todo o que nos somete; iso tamén nolo ensina o feminismo.

Convidámosvos a partillar connosco estas II Xornadas de formación, debate e reflexión para continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal. Terán lugar o vindeiro 12 de marzo no Local Social Faísca (rúa Toledo nº9 – Calvario, Vigo) a partir das 11:00 horas da mañá co seguinte programa:

* 11:00h. A muller no mundo do traballo:
Cristina Rodríguez Ramos (técnica de igualdade).

* 12:30h. A centralidade da vida como aposta política. As mulleres kurdas:
Ximena González (activista da Marcha Mundial das Mulleres).

* 16:30h. Indentidades sexuais, afectivas e amatorias:
Ángel Amaro (militante de Isca!).

* 17:30h. Taller de autodefensa feminista (3 horas):
Impartido por Lésbicas Creando. É de balde e pódeste apuntar en info@iscagz.org.

* Ao rematar pinchada de música galega.

Participa e espalla!

Difunde!