Isca!

En destaque

[Vigo] Enfrontarmos a crise. Orixe, causas e alternativas

 

Priorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.

Por iso organizamos o vindeiro xoves día 3 de maio ás 20:00 horas na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102) unha charla-coloquio onde falarenos de todas as ferramentas teóricas e prácticas para enfrontar a crise, a súa orixe e as súas alternativas. Contaremos con Antolín Alcántara, sindicalista da Confederación Intersindical Galega e membro do Movemento Galego ao Socialismo.

Agardámosvos!

Difunde!