Isca!

Vídeos

A Constitución é a modernización do franquismo

 

Imposta baixo tutela militar, a Constitución é a modernización do franquismo: nin actualización, nin reforma. Rachemos con España, a Unión Europea e a OTAN; ergamos a República Galega!

[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (VI): a economía

A revolución soviética transformou o sistema económico feudalista do zarismo nunha economía planificada que propulsou á URSS até convertila nunha das potencias globais do momento. Numerosos estudos afirman que o crecemento económico da URSS foi o maior de toda a humanidade. A produción industrial entre a época zarista e os anos 60 víuse multiplicada 52 veces. A única caída significativa do crecemento económico foi durante a Segunda Guerra Mundial. Grazas á planificación da economía non existía desemprego e as oficinas do paro non abriron de novo até 1988, xa que o traballo era un dereito e unha obriga. Tampouco existíu case débeda externa, un feito que non gustou ao FMI. Das primeiras medidas para socializar os medios de produción destacamos a primeira reforma agraria que outorgou a propiedade da terra ao campesiñado e a creación do centro de planificación económica Gosplán en 1921, cuxo primeiro reto foi a electrificación do país.

[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (III): os dereitos das mulleres

Na URSS o obxectivo da igualdade puido verse algo máis próximo, pois foi un estado punteiro na consecución de dereitos para as mulleres. Nomeadamente no ámbito laboral e gobernamental, podendo acceder aos mesmos traballos e postos que viñan ocupando os homes. Por exemplo, en 1920 polo menos 600 mulleres eran alcaldesas das súas cidades e vilas. Nese mesmo ano a Unión Soviética legalizou o dereito ao aborto, o primeiro estado do mundo el facelo; se ben este dereito foi suprimido e non contemplado de novo até 1955, de xeito paulatino. O sufraxio feminino foi aceptado no ano 1917, moito antes que outros países da contorna occidental.

En materia de reprodución e conciliación, as mulleres podían desocupar os seus postos de traballo durante o embarazo e gozar dun ano de baixa por maternidade mantendo o salario. A emancipación no eido laboral e no fogar transformaríase nunha “revolución sexual”, con teóricas feministas como Aleksandra Kollontái como principais promotoras, afirmando que o novo mundo debe pasar necesariamente pola revolución da vida cotiá e por mudar a relación entre os sexos.

[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (II): o ensino

A escola era entendida como unha ferramenta para construír a sociedade socialista do futuro. O analfabetismo foi o elemento principal a erradicar polo novo rexime, a través do decreto de 1918, e para iso incrementouse o número de escolas nun 12%, tamén para adultos, o número de estudantes nun 24% e a educación a partir da década dos 40 foi gratuíta a todos os niveis. Toda persoa entre os 8 e os 50 anos que non soubese ler tiña a obriga de aprender a ler e escribir en ruso ou en calquera das outras linguas recoñecidas. Para facilitar a aprendizaxe, a ortografía rusa foi modificada, á vez que se eliminou a relixión da escola e a segregación por sexos.

En 1917 existía una tasa de analfabetismo del 30% nas cidades, e dun 65% nas áreas rurais. No 1939 perto do 90% da poboación estaba alfabetizada. Posteriormente o analfabetismo foi erradicado.

O ensino na sociedade socialista pretendía ser o camiño para a formación e integración do estudantado na sociedade baseada no respecto mútuo, e para iso foron elimados mecanismos de avaliación como os exames e os deberes, así como as condecoracións.

[Outubro centenário] Os dereitos sociais na URSS (I): a sanidade.

 

A revolución bolchevique non só foi un grande avance político e social, tamén o foi no ámbito da sanidade.

A partir da revolución de outubro, a esperanza de vida non deixou de aumentar, pasando de menos de 40 anos en 1917 até os 70 a finais dos 80. Ademais, a estatura media da cidadanía rusa medrou de 1,57m en 1906 a 1,70 en 1943, para volver baixar até 1,67 en 2008, coa caída do socialismo.

Mais non só iso;  grazas á chegada do socialismo, a mortalidade infantil baixou un 90%, o número de hospitais e médicos aumentou vertixinosamente, chegando a ter máis ca os EEUU en 1980.

Ademais, a URSS liderou a campaña que conseguiu erradicar unha das enfermidades máis letais da historia, a varíola, algo impensable na atrasada rusia zarista.

Segundo a OMS, no ano 1963 o sistema sanitario da URSS, un dos principais logros da revolución do 17, estendíase “en todas as disciplinas e especialidades, alcanzando a todos os centros de poboación, até as máis pequenas e remotas aldeas”, a diferenza, lamentablemente do día a día do noso país, onde cada vez máis o rural está máis abandonado por un estado español que só lle importan os nosos recursos e un goberno galego lacaio.

[Video] #empaperem Galiza. Votar no és cap delicte!

 

.

No próximo dia 1 de Outubro, o povo da Catalunha está chamado a votar para decidir o seu futuro.

Um acto tam democrático e pacífico como este supom para o regime espanhol de 1978 o maior e mais doloroso ataque, porque questiona um dos piares fundamentais da sua estrutura, a unidade indivisível da Espanha. Este conceito foi introduzido na Constituiçom da reforma post-franquista directamente desde os quarteis do Exército. Garantir a sua preservaçom foi o último desejo que o ditador Franco transmitiu ao seu sucessor Juan Carlos I, dado que a unidade de Espanha, que supom o domínio dos diferentes povos que componhem o Estado, garante a coesom do sistema capitalista espanhol, inserido na UE e na OTAN, sendo fundamental para que a oligarquia que o dirige mantenha a sua posiçom de benefício.

É por todo isto que o regime reage activando todas as suas defesas, todos os seus mecanismos de repressom. E fai-no como nom se tinha visto até agora: deslocamento massivo de forças policiais ao território “rebelde”, censura de sites web, violaçom do segredo de correspondência, retençom de revistas, arresto de membros do governo catalão, extorsom financeira, ameaça de arresto a mais de 700 alcaldes eleitos, suspensom do autogoverno da Catalunha de maneira ilegal, repressom nas ruas e agressons fascistas. O sistema post-franquista está preocpuado e, ante a ferida, revela o seu carácter profundamente violento e antidemocrático.

De Isca nom podemos senom transmitir a nossa força, o nosso carinho e o nosso apoio ao povo catalám, confiantes em que a sua revolta é imparável. E é imparável porque é popular, porque o povo catalám há tempo que decidiu ser livre para rachar com o regime e organizar-se em República. Nom há fiscalia nem tribunal que seja quem de impedir a vontade dum povo unido.

Por uma República Catalá livre, socialista e nom patriarcal, visca la terra lliure!

El 1 d’Octubre, votareu!

[Video] Intervención política no X aniversario de Isca!


En poucos días (o 29 de abril) terá lugar a nosa VI Asemblea Nacional, onde analizaremos un feito moi especial como foi chegar a cumplir 10 anos. Deixámosvos o video da intervención política realizada nas xornadas que organizamos para conmemoralos e que resume todo o que fumos, somos e seremos.


Agasallos de nadal da mocidade galega para o 2017

Isca! vén de realizar en Ourense unha acción de denuncia e visibilización das principais problemáticas que pairan hogano sobre a mocidade galega. En forma de agasallos de Nadal, traducimos en reivindicacións os nosos desexos máis urxentes. A precariedade e a falta de perspectivas é común na maioría da mocidade traballadora que temos a emigración como única saída. Conscientes da gran tarefa que temos por diante, miramos cara o 2017 con esperanza dun ano cargado de loitas por un futuro digno, na construción dunha vida realmente nova.

.

.

>> Galería de imaxes.

[Video] 6 de decembro? Nada que celebrar!

.

Acción contra a Constitución Española. 6 de decembro? Nada que celebrar!

.

 

[Video] O 25-N e as violencias machistas

 

O día 25 de novembro é o día en contra da violencia machista. No día a día as mulleres sufrimos diversos tipos de violencias, algunhas son máis visíbeis e outras menos, son moitas, son moi variadas e están invisibilizadas na nosa vida cotiá.

.