[VI Asemblea Nacional] Agardámoste na clausura ás 19:30h

Como xa publicamos hai días, o vindeiro 29 de abril terá lugar na cidade de Compostela a 6ª Asemblea Nacional da nosa organización baixo o lema “organizar a mocidade para construír o futuro“. Nela actualizaremos as nosas análises políticas sobre a situación da mocidade e do movemento independentista e revolucionario galego. Farémolo xunto coas colaboradoras e simpatizantes que decidiron participar con nós de todo un proceso que comezou xa no mes de decembro e que rematará a finais de febreiro.

Pero non queremos esquecernos de ninguén, por iso convidamos a todas as mozas e mozos que esteades interesadas en coñecer o noso proxecto, as nosas conclusións ou como foi o proceso á sesión de clausura a partir das 19:30 horas que terá lugar na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia da USC (Praza da Universidade nº1, Compostela).

Nel daremos conta das conclusións e resolucións políticas da nosa Asemblea Nacional, contaremos cos saúdos das nosas organizacións irmáns doutros pobos, cunha intervención política a cargo do noso partido, o Movemento Galego ao Socialismo, coa compañía das organizacións coas que día a día camiñamos cara un futuro libre e sen explotación e todo amenizado cunha intervención musical.

Agardámoste!

.

>> VI Asemblea Nacional. Organizar a mocidade para construír o futuro.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario