Isca!

En destaque

Unha nación, unha selección!

 

 

Logo de máis de dous anos e medio da chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza a ofensiva contra os servizos públicos e os nosos sinais de identidade non fixo máis que aumentar progresivamente sen que se visibilice máis fin que a teima da completa destrucción do noso Pobo. E como xa denunciamos noutras ocasións, un dos primeiros eidos perxudicados polas políticas antisociais do Partido Popular foi o do deporte, que atinxe desde o nulo apoio ao deporte de base até a eliminación das nosas seleccións nacionais rematando así o exiguo camiño iniciado no 2005 en San Lázaro onde nos visitaba a selección de fútbol uruguaya. E logo virían a de baloncesto, fútbol de salón… entre outras, tanto femininas como masculinas, que fixeron ilusionar a miles de galegas e galegos que vían que as súas cores, os seus sentimentos, eran defendidos tamén nos terreos de xogo.

Mais nin a Xunta nin ningunha Federación Galega están pola labor de organizar encontros das nosas sseleccións malia que só sexan amigables polo que, como xa sucedeu nestes dous últimos anos, seremos nós, galegas e galegos de cabeza e corazón, quen organizaremos unha resposta como Pobo contra a indiferencia e o desprezo das institucións galegas ao noso deporte.

Desde Isca! reivindicamos, con forza unha vez máis, o noso dereito a contar con seleccións nacionais en todos os deportes e categorías, así como a súa participación en competicións oficiais e internacionais. E por isto animamos a toda a mocidade galega a participar na xornada de actividades lúdico-reinvidicantivas que vai levar a cabo o colectivo Siareiras Galegas, que vén de cumplir o seu decimoquinto aniversario de loita sen descanso pola oficialidade das nosas seleccións deportivas, o vindeiro día 23 de decembro en Cacheiras, no concello de Teo.

Programa:

16:00h (durante toda a tarde) haberá un aberto de billarda auténtica, loita galega, carpa DJ e un espazo Saharaui con diferentes actuvidades.

19:00h: manifestación nacional con saída no campo de futbol de Cacheiras baixo o lema: “Siareir@s Galeg@s, XV anos luitando polas selecçons nacionais!”.

20:30h: no campo de futbol de Cacheiras partido entre Galiza e RASD (República Árabe Saharaui Democrática)

Concerto no Campo da Festa de Cacheiras coa actuación de: Invivo , Contra as Cordas, Bastards on Parade e Opció K-95.

Unha nación, unha selección!

programaom-para-o-23-de-dezembro-em-teu.jpg

Tagged ,

Difunde!