IscaConstruíndo poder popular

Entradas etiquetadas con
universidade

Biblioteca universitaria da USC aberta 24 horas por medio de estudantes

A Biblioteca da facultade de Económicas e Dirección de Empresas abrirá esta fin de semana en horario continuo (24Horas) por iniciativa dos propios estudantes da USC e dos Comités do Campus Norte. Ante a negativa da universidade de proporcionar un espazo de estudo no Campus Norte na época de exames, como o que ofertan […]

Os teus exames, en galego. Iniciativa dos Comités de Dereito da UDC

Os Comités da facultade de dereito, en colaboración con outras facultades do campus da Coruña, veñen realizando unha campaña de información ao estudantado dos dereitos dos que gozan. Após de esixir o cumprimento destes dereitos nos órganos institucionais, están facendo un labor de concienciación para protestar nos casos en que se vulneren estes dereitos.
En particular, […]

O bilingüísmo, a debate

A Assembleia de Estudantes de Filologia organiza esta semana umhas interessantes jornadas sob o título “O bilingüísmo a debate”. O programa, a desenvolver na Faculdade de Filologia da USC, é o seguinte:

Contra Boloña, contra o capital, mobilización

Combater Boloña é hoxe o maior reto ao que ás e os estudantes nos enfrontamos. Ocultos tras o que venden como unha simple “modernización e harmonización do ensino superior europeo” atópanse os intereses das multinacionais, que procuran convertir a Universidade nunha fábrica de futura mao de obra en precario: isto explica o silencio e a […]

Lección de ética das estudantes ao candidato da dereita

Non é a primeira vez que a Universidade Pública de Compostela sofre a intromisión de elementos da ultra-direita coa complicidade dos órganos reitores e de paraquedistas con nula representatividade entre o estudantado. Mais unha vez, pretendíase converter a institución pública nun altofalante ao servizo dos intereses ultras que representa o Partido Popular na figura do […]

Solidariedade coa folga da limpeza!

Isca! editou un cartaz que está a colar polas faculdades de Vigo e Pontevedra, no que se pide a solidariedade do estudantado cos e coas traballadoras da limpeza da provincia que están en folga indefinida desde o día 17. Nel, explícanse os motivos que deron lugar á folga, e pídese a comprensión e apoio do […]

Stop ás agresións policiais ao estudantado

O pasado 19 de Novembro por volta de 200 estudantes saían ás rúas de Lugo convocados polos Comités nunha manifestación autorizada que remataba ás portas da Subdelegación do Goberno Español cunha brutal carga policial que deixaba cinco persoas con parte de lesións e numerosas identicacións indiscriminadas. É a resposta do goberno español perante a […]

Paremos a implantación do EEES (Rebater)

O Proceso de Boloña, cuxo fin é a conformación dun Espazo Europeo de Ensino Superior, procura a homologación das titulacións universitarias europeas, para o que as estrutura nun sistema de dous niveis, os graos e os posgraos.
GRAOS. Van encamiñados á adquisición de coñecementos básicos de cada disciplina, ocupando o lugar das anteriores diplomaturas e dos […]

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD