O Estado Español volveu asestar un golpe represivo contra a esquerda abertzale, ao deter a unha ducia de militantes por motivos políticos. De facto, a única acusación sustentada polo Estado, que manexa a xustiza ao seu antollo, e en particular a Audiencia Nacional, é a sospeita de que as persoas detidas estarían a articular unha […]
O PP continua a criminalizar o associacionismo galeguista
O Partido Popular continua o seu acosso ao associacionismo de base compostelano. Se bem estas atitudes vêm já de longe, começárom a canalizar-se com intenções políticas (para minar o governo bipartido BNG-PSOE da capital nacioanl) em finais de 2008, quando acusou falsamente a Sala Nasa de homenagear “terroristas” [sic]. Em verdade, na altura a Nasa […]
Cuba, 50 anos de revolución
Isca!, está a desenvolver nas rúas galegas unha campaña de propaganda para comemorar os 50 anos da Revolución Cubana e expresar a nosa solidariedade co heroico pobo que a levou a cabo e que hoxe a defende con afouteza. Queremos, aproveitando o aniversario, lembrar a importancia de que siga a erguerse orgulloso frente ao imperialismo […]
Grazas polo voso apoio
De Isca! queremos agradecer as numerosas mostras de apoio -non nos collerían nunhas poucas liñas de tentar citalas todas- recibidas ante o estabulamento forzoso das nosas tres vaquiñas o pasado domingo en Compostela.
Desde o momento en que se espallou a nova da detención, chegáronnos ducias de expresións de afecto e solidariedade a título individual, non […]
Galiza berra contra o xenocidio sionista [con VIDEO]
Non é unha guerra, é un xenocidio. Máis de 15.000 persoas manifestáronse hoxe en Compostela, nunha das marchas máis multitudinarias dos últimos tempos, convocada polo plural tecido asociativo galego para manifestar a repulsa deste pobo á criminal ofensiva do Estado israelí na franxa de Gaza, sob o lema “Galiza con Palestina, Non ao Masacre”, e precisamente no momento no que se anunciaba unha pausa no ataque militar.
Contra o xenocidio sionista, Palestina vencerá!
Finalmente, Israel decidiu arrasar Gaza. Despois de convertir aquel territorio nun enorme campo de concentración, cun brutal bloqueo e continuos cortes de luz e auga, con continuas incursións militares, detencións arbitrarias e asasinatos […]
Solidariedade coa folga da limpeza!
Isca! editou un cartaz que está a colar polas faculdades de Vigo e Pontevedra, no que se pide a solidariedade do estudantado cos e coas traballadoras da limpeza da provincia que están en folga indefinida desde o día 17. Nel, explícanse os motivos que deron lugar á folga, e pídese a comprensión e apoio do […]
