O passado dia 30 de junho, a Marcha Mundial de Mulheres organizou um acto de posta em comum do trabalho que diferentes organizaçons estam a fazer para combater as violências machistas nos seus diferentes aspectos; acudimos como convidadas e pudemos compartir experiências e debates com companheiras doutros colectivos, tanto do nacionalismo organizado como de ONGS […]
Loitar contra o patriarcado, derrotar a violencia machista
Un ano máis a data serve como punto de encontro, espazo de reivindicación, momento de visibilizar o traballo ao longo do ano e oportunidade para por a atención social e mediática na situación que viven miles de mulleres no noso país, no estado e no mundo, reclamando máis medios, máis formación, máis educación e tamén outro modelo de relacións sociais que impidan que xurdan este tipo de comportamentos.
Contra a violencia machista, combater o patriarcado
A visibilidade que se conseguiu para as vítimas da violencia machista acabou nun relatorio de perdas ao longo do ano, cada vez que unha muller é vítima da violencia machista e perde a súa vida ocupa esas primeiras planas dos sucesos, pasa a engrosar as listas e inmediatamente olvidamos que o problema segue ahí, que por cada muller que morre a mans da súa parella (entorno familiar, amizade…) hai centos que sufren cada día esa mesma violencia
