A nosa organización saiu á rúa coa CIG neste primeiro de maio, nas diferentes manifestacións que por todo o país conmemoraron esta data reclamando medidas favorábeis á clase traballadora para sair da crise e un cambio no modelo socieconómico. Isca! distribuiu centos de colantes da súa campaña caña a Feijoo! , así como a súa […]
1º de maio, á rúa coa CIG. A crise que a pague o capital!
O primeiro de maio é unha data histórica de loita para a nosa clase. Por iso, desde o noso nacemento como organización, sempre estivemos na rúa nesta data reivindicando xunto coa CIG o direito a um emprego digno e a necesidade de superarmos o capitalismo, un sistema socio-económico construido ao servizo das clases dominantes. Nun […]
Galiza Non se Vende celebra manifestaçom o domingo 21 de Março
Este domingo dia 21 de Março sairá às 12 da manhá da Alameda compostelá a manifestaçom convocada pola plataforma “Galiza Non se vende”. A convocatória reclamará a paralisaçom da destruiçom do território, atacado desde diversos ámbitos: aquicultura, eólicos, barragens, urbanismo selvagem ou infraestruturas de transporte som várias dos elementos que ameaçam a sobrevivência da paisagem, […]
Masiva resposta popular contra o decreto galegófobo. A loita continúa!
As novas agresións á lingua non van ficar impunes. O movemento popular deu hoxe unha máis que contundente resposta ao lingüicida Decreto do PP, que quer acelerar o proceso de substitución do galego. Tratouse dunha mobilización de masas unidas pola defensa da lingua propia e a carraxe ante tantas ignominias.Sen entrar na tópica guerra de […]
Isca! no 25 de Xullo: abrindo camiños cara a independencia
Isca! acudiu un ano mais á manifestación nacional que cada 25 de Xullo leva a Compostela milleiros de galegos e galegas para vindicar os nosos dereitos como pobo, contando para iso co compromiso activo da nosa militancia , que se agrupou nunha nutrida comitiva que deu boa conta da vitalidade do noso proxecto.
Manifestación de Galiza Non se Vende
O 15 de febreiro tivo lugar unha nova mobilización nacional da Rede “Galiza Non se Vende”, que coordena ducias de loitas locais en defensa do territorio frente ás agresións do capital. Na manifestación, miles de persoas reivindicaron en plena campaña eleitoral un xiro radical na política da Xunta de Galiza, que faga fronte á voracidade […]
Galiza berra contra o xenocidio sionista [con VIDEO]
Non é unha guerra, é un xenocidio. Máis de 15.000 persoas manifestáronse hoxe en Compostela, nunha das marchas máis multitudinarias dos últimos tempos, convocada polo plural tecido asociativo galego para manifestar a repulsa deste pobo á criminal ofensiva do Estado israelí na franxa de Gaza, sob o lema “Galiza con Palestina, Non ao Masacre”, e precisamente no momento no que se anunciaba unha pausa no ataque militar.
Manifestación Nacional por Palestina
Diversos colectivos convocan unha manifestación nacional para o próximo domngo 18 de xaneiro que, con saída ás 12:00h desde a Alameda de Compostela, percorrerá as ruas da capital galega baixo o lema “Galiza con Palestina. Non ao masacre”. Desde Isca! chamamos á mocidade galega a participar da mobilización e estamos a difundir por todo o […]
Isca! apoia as mobilizacións da CIG contra a crise o 13-N
Isca! apoia as manifestacións convocadas contra a crise polo sindicato nacional CIG, que vén desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña para denunciar os responsábeis da actual situación económica e as repercusións que terá sobre a clase traballadora. Nesta campaña a CIG demanda un novo modelo socioeconómico e a adopción de medidas por parte dos gobernos […]
