IscaConstruíndo poder popular

Entradas etiquetadas con
língua

Sobreseída a causa contra os nossos militantes detidos na marcha de “Galicia Bilingüe”

Há uns dias tivemos novas do sobresemento da causa contra @s três militantes da nossa organizaçom que foram detidos e posteriormente libertados com cargos durante os sucessos do 8 de fevereiro de 2009, quando umha manifestaçom galegófoba da plataforma espanholista “Galicia Biligüe” desfilou por Compostela.

Recital poético-musical en Ourense nesta sexta 14

Galiza Nova Ourense organiza por segundo ano consecutivo o Recital de Poesía “Na Galiza en Galego” que terá lugar este Venres 14 a partir das 22:·0hrs no Grândola (Praza de San Marcial)

Tres moz@s, condenad@s ao pago dunha multa por destruir o topónimo floral deturpado da Coruña

Os tres militantes da nosa organización xulgados por presuntamente arrincaren as plantas do adorno floral que formaba un topónimo deturpado na entrada da cidade da Coruña foron finalmente condenados a pagaren unha multa de 120€ cada un/ha e unha indemnización ao Concello de 200€.
Esta condena, ainda sendo inaceptábel, é moi inferior á petición inicial da […]

Masiva resposta popular contra o decreto galegófobo. A loita continúa!

As novas agresións á lingua non van ficar impunes. O movemento popular deu hoxe unha máis que contundente resposta ao lingüicida Decreto do PP, que quer acelerar o proceso de substitución do galego. Tratouse dunha mobilización de masas unidas pola defensa da lingua propia e a carraxe ante tantas ignominias.Sen entrar na tópica guerra de […]

Polo nosso direito a existir: nom a um decreto para o extermínio!

O 21 de janeiro toda a comunidade educativa do ensino nom universitário está chamada a umha greve para pararmos o decreto do galego no ensino que o novo governo do PP quer impor à sociedade galega. De Isca!, organizaçom da mocidade, nom podemos mais que aderir a esta greve e às mobilizaçons contra este decreto, […]

Mesa redonda: Sen pelos na lingua. A impostura da imposición

A asociación cultural lucense Cultura do País organiza para este xoves 29 de outubro unha sesión na que se exporá, a través de tres exemplos da vida cotiá en tres eidos destacados da nosa sociedade, como é o caso do mundo xurídico, o ensino e mailo mundo do traballo, a situación de desigualdade e […]

Isca perante a manifestaçom nacional pola língua do 18-O

Hoje milheiros de galegos e galegas reunimo-nos em Compostela para defender a língua do nosso país, e hoje com eles e mais umha vez, três no que vai de ano, Isca! sai à rua na defesa do idioma, causa em que consideramos imprescindível a unidade do movimento normalizador.

Estamos hoje na rua devido á […]

Nin un paso atrás na defensa do galego

Aínda que o presidente da Deputación de Ourense é máis coñecido mediaticamente polo seu peculiar carácter, o seu homólogo da “provincia” de Pontevedra non fica atrás en canto a caciquismo.
Louzán xa ten o dubidoso mérito de converterse no primeiro cargo público que asina un convenio de colaboración coas asociacións polo exterminio da lingua. Na mesma […]

17-M: Contra a substitución lingüística, mobilización popular!

 Desde ISCA! e perante a pluralidade de convocatoria para este 17 de maio decidimos aclarar a nosa postura publicamente a través da nosa web:
*Consideramos que todos os sectores implicados na defensa da lingua deben pular por manter a unidade na causa e que esta unidade é fundamental para a mesma, máis aínda nun contexto de […]

Mobilizaçons em defesa do galego no ensino

A Mocidade pola Língua convoca mobilizaçons estudantis em diversas comarcas do país, em defesa do ensino na nossa língua. Ao sistemático incumprimento da normativa que regula o mínimo de matérias a impartir em galego, somam-se agora as ameaça do novo governo espanholista da Junta de Galiza, que pretende reduzir ainda mais a presença da nossa […]

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD