A formación política Inuit Ataqatigiit (Comunidade Inuit, IA), independentistas de esquerdas, obtivo unha histórica victoria nas eleccións lexislativas na Grenlandia, nas que derrotou con clareza aos social-demócratas do Siumut (Adiante), que foran ata o de agora os únicos gobernantes da autonomía outorgada por Dinamarca. IA obtivo o 43,7% do voto, con 12.457 sufraxios que duplicaban os anteriores resultados de 2005, mentres o Siumut ficou nun 26,5% ao obter 7,567 votos. Os neoliberais obtiveron unha derrota aínda máis rotunda.
É posíbel reformar España? Razóns para traballar por un Estado galego independente
O debate sobre o independentismo (ou arredismo), sobre a pertinencia ou non de defender como obxectivo estratéxico do nacionalismo galego a constitución dun Estado propio, estivo sempre presente no noso movemento, con mais ou menos relevancia segundo o momento histórico e a correlación de forzas interna. Moitas veces usado como tótem e moitas outras tratado […]
