O vindeiro 16 de xaneiro as compañeiras e compañeiros de Galiza Nova Compostela organizan unhas xornadas de reflexión e debate en torno a tres temas centrais: Sexualidade, Clase e Novas teorías de Xénero.
Galiza Nova - Ourense programa actividades para o 25-N
Neste 25 de Novembro, como nos anteriores, Galiza Nova Ourense vai saír á rúa a reclamar o fin da violencia contra as mulleres e do sistema patriarcal que a xera nun programa repleto de actividades.
Noite da Irmandade en Ourense
O vindeiro 12 de decembro Galiza Nova Ourense organiza a Noite da Irmandade, actividade que ten realizado en varias ocasións e que quere recuperar este ano con anovadas forzas programando actividades ao longo de todo o día.
Valoraçom pública da Proposta Militante sobre a XI Assembleia Nacional de Galiza Nova
Vem-se de celebrar a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova, a falta dos processos de renovaçom comarcais. Da Proposta Militante queremos fazer, num exercício de transparência que achamos sempre fundamental, umha valoraçom do que foi este processo até o momento.Conforme às valoraçons que se realizaram prévias a este processo, e produto das dinámicas deste, a […]
Proposta Militante apresenta publicamente a súa candidatura á DN de Galiza Nova
A Proposta Militante apresentou hoxe publicamente a súa candidatura á Dirección Nacional de Galiza Nova, que será escollida este domingo na XI Asemblea Nacional desta organización xuvenil.A plataforma, composta por integrantes de Isca! e militantes independentes, escolleu á Noa Presas Bergantiños, militante da comarca de Ourense, integrante da Dirección Nacional saínte e membro do Consello Nacional do BNG, como a súa cabeza de lista. […]
Lánzase a “Proposta Militante”, por un proxecto coherente, combativo e transformador para Galiza Nova.
A nosa organización fixo público nas últimas semanas un documento que amosaba a nosa propia análise do acontecido neste periodo interasemblear, marcando as eivas a correxir así como a nosa proposta de estratexia política e organizativa a seguir de aquí en diante para afortalar Galiza Nova.
Como analisamos no citado documento, a situación que a nosa […]
Isca! perante a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova
A nosa organización ven de facer pública a súa postura perante a XI Asemblea Nacional de Galiza Nova, que terá lugar os días 24 e 25 de Outubro. O seguinte documento, que xa estamos a distribuir entre a militancia e simpatizantes da organización xuvenil do BNG, expresa as nosas valoracións e obxectivos ante esta cita:
O feminismo a través da historia
A Asemblea Aberta de Feminismo de Galiza Nova Ourense, un espazo de reflexión, debate e acción feminista na que participan mozas e mozos da organización xuvenil do BNG ven de editar un caderno de formación que fai un percorrido pola historia do movemento feminista, as súas loitas, correntes, avances e difuldades así como un esbozo […]
Galiza Nova - Ourense reedita a campaña pola Autodeterminación no Día da Patria
Galiza Nova Ourense ven de reeditar a campaña pola autodeterminación que sacara o pasado decembro e que tiña como obxectivo contestar a celebración dos 30 anos da Constitución Española editando material gráfico (cartaces, colantes e panfletos) e acompañada da reedición das “Bases Constitucionais”, a alternativa defendida polo nacionalismo naquela altura frente á Constitución e á […]
