De Isca! queremos agradecer as numerosas mostras de apoio -non nos collerían nunhas poucas liñas de tentar citalas todas- recibidas ante o estabulamento forzoso das nosas tres vaquiñas o pasado domingo en Compostela.
Desde o momento en que se espallou a nova da detención, chegáronnos ducias de expresións de afecto e solidariedade a título individual, non […]
Grazas polo voso apoio
Comunicado de Isca! perante os sucesos do domingo 8-F
“Galicia Bilingüe”, entidade que organizou a marcha do Domingo 8 de Febreiro, pretende a derogación da Lei de Normalización Lingüística, a segregación dos nenos e nenas galegas nas escolas por cuestión de idioma, a limitación drástica do uso do galego por parte da administración e a diminución da presenza pública do noso idioma. “Galicia Bilingüe” propón, por tanto, a limitación dos exíguos dereitos dos galego-falantes nun contexto real de discriminación do galego a todos os niveis
Desenmascarar as plataformas polo exterminio da lingua
Este Domingo terá lugar en Compostela unha marcha organizada por Galicia Bilingüe, entidade que patrocina a imposición lingüística do español e tenta deslexitimar todo cuanto avanzo social logra a lingua propria de Galiza, reditando os piores argumentos dos mais rancios ideólogos da España Imperial e practicando o supremacismo idiomático.
Ainda que desta vez a “Cruzada” contra […]
