IscaConstruíndo poder popular

Entradas etiquetadas con
feminismo

Un estado patriarcal, unha lei covarde

O Parlamento do Estado vén de iniciar o proceso de debate a aprobación dunha proposta de Lei que regule a interrupción voluntaria do embarazo co pretendido obxectivo de superar a actual situación na que o aborto non é recoñecido como un dereito das mulleres sobre o seu corpo e figura no código penal amparando a […]

Loitar contra o patriarcado, derrotar a violencia machista

Un ano máis a data serve como punto de encontro, espazo de reivindicación, momento de visibilizar o traballo ao longo do ano e oportunidade para por a atención social e mediática na situación que viven miles de mulleres no noso país, no estado e no mundo, reclamando máis medios, máis formación, máis educación e tamén outro modelo de relacións sociais que impidan que xurdan este tipo de comportamentos.

Galiza Nova - Ourense programa actividades para o 25-N

Neste 25 de Novembro, como nos anteriores, Galiza Nova Ourense vai saír á rúa a reclamar o fin da violencia contra as mulleres e do sistema patriarcal que a xera nun programa repleto de actividades.

O feminismo a través da historia

A Asemblea Aberta de Feminismo de Galiza Nova Ourense, un espazo de reflexión, debate e acción feminista na que participan mozas e mozos da organización xuvenil do BNG ven de editar un caderno de formación que fai un percorrido pola historia do movemento feminista, as súas loitas, correntes, avances e difuldades así como un esbozo […]

En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública! EU DECIDO!

O próximo domingo 31 de Maio a partir das 11 da mañá, a Marcha Mundial das Mulleres concluirá coa primeira fase da campaña en defensa do dereito ao aborto que leva, ao longo das últimas semanas no noso país, abrindo espazos de debate e reflexión mediante palestras e performance. Un debate ao redor da necesidade […]

Conferencia Episcopal: Machista e Patriarcal

 Novamente as mulleres sufrimos un ataque da Igrexa Católica e no seu nome da Conferencia Episcopal Española contra os nosos dereitos a través dunha campaña difamatoria e vergoñenta. Nesta ocasión a Conferencia Episcopal do Estado Español eleva a súa voz para lanzar unha campaña na que compara o dereito das mulleres a abortar libremente, isto […]

8 de Marzo, combater o patriarcado, construír o socialismo

Este 8 de Marzo Día Internacional das Mulleres, un ano máis, as mulleres de todo o mundo reclamamos na rúa o protagonismo das nosas loitas. Voltamos tomar a palabra para reclamar dende cada recuncho do planeta a fin do patriarcado e a construción dun mundo e dun sistema máis xustos para todas/os no que as […]

Contra a violencia machista, combater o patriarcado

A visibilidade que se conseguiu para as vítimas da violencia machista acabou nun relatorio de perdas ao longo do ano, cada vez que unha muller é vítima da violencia machista e perde a súa vida ocupa esas primeiras planas dos sucesos, pasa a engrosar as listas e inmediatamente olvidamos que o problema segue ahí, que por cada muller que morre a mans da súa parella (entorno familiar, amizade…) hai centos que sufren cada día esa mesma violencia

Participamos no encontro e na manifestación da Marcha Mundial das Mulleres

Miles de persoas mobilizáronse na manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Vigo. Militantes de Isca! participaron nas diversas actividades, especialmente na mobilización, baixo o lema “Loitamos pola nosa independencia. Sen as mulleres non hai revolución!”.

Mulheres em marcha até que todas sejamos livres

Mulheres em marcha até que todas sejamos livres. Sob desta legenda vamo-nos reunir em Vigo a vindoura semana mulheres de todo mundo, decididas a superar todo tipo de obstáculo que nos separe da nossa auténtica libertaçom, dispostas a conhecer e compartilhar experiências com feministas que vivem outras realidades, seguras de que o trabalho, a luita […]

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD