Unhas 20.000 persoas participaron na manifestación convocada polo BNG para reclamar soberanía, democracia e traballo. O Día da Patria, que cumpriu coas expectativas en canto á participación da base social e militante, serviu para manifestar as propostas do nacionalismo fronte ás políticas neoliberais de PP e PSOE, en Compostela e en Madrid, nun momento […]
25 de xullo: patria e revolución!
Chega un novo Dia da Patria, unha data que para nós marcou sempre no calendario unha xornada de reivindicación e loita. Unha loita que hoxe se fai mais necesaria que nunca, no medio dunha ofensiva continuada por parte dos gobernos e o capital contra os nosos dereitos como nación e como clase.
Nun contexto como este […]
Combater nº5, voceiro nacional de Isca
No Dia da Patria verá a luz de novo o noso voceiro nacional, “Combater”, que fai xa o seu quinto número. Esta publicación pretende ser unha modesta contribución á análise e ao debate sobre certas cuestions de actualidade nacional e internacional, así como unha ferramenta para difundir o noso proxecto e actividades. Algúns dos temas […]
Combater nº4, voceiro nacional de Isca
No Dia da Patria saiu de novo á rúa o noso voceiro nacional, “Combater”, desta volta con máis contidos e un formato mellorado, pois con el queremos acompañar tamén o medre e consolidación do noso proxecto, constatado na nosa pasada Asemblea Nacional. Nesta publicación analizamos diversos temas de actualidade e de interese para a mocidade revolucionaria […]
Dia da Patria, todas e todos a Compostela!
Máis un ano, o Día da Patria encherá compostela de nacionalistas que, nun momento especialmente complexo, ergueremos ben alto a voz demandando os dereitos nacionais deste país. Contra a política destrutiva da Xunta de Galicia e do goberno do Estado, nomeadamente en materia económica e en canto á nosa lingua, a parte máis consciente deste pobo, aquelas e […]
Galiza Nova - Ourense reedita a campaña pola Autodeterminación no Día da Patria
Galiza Nova Ourense ven de reeditar a campaña pola autodeterminación que sacara o pasado decembro e que tiña como obxectivo contestar a celebración dos 30 anos da Constitución Española editando material gráfico (cartaces, colantes e panfletos) e acompañada da reedición das “Bases Constitucionais”, a alternativa defendida polo nacionalismo naquela altura frente á Constitución e á […]
Solidariedade cos represaliados
As xornadas do 24 e o 25 de xullo volveron estar marcadas pola actuación represiva das forzas de seguridade do Estado. Máis un ano, a capital galega estivo ocupada desde os días previos por centos de policías especializados en combater mobilizacións populares (erroneamente coñecidos como “antidisturbios”), que realizaron centos de rexistros, asediaron as mobilizacións e […]
Isca! no 25 de Xullo: abrindo camiños cara a independencia
Isca! acudiu un ano mais á manifestación nacional que cada 25 de Xullo leva a Compostela milleiros de galegos e galegas para vindicar os nosos dereitos como pobo, contando para iso co compromiso activo da nosa militancia , que se agrupou nunha nutrida comitiva que deu boa conta da vitalidade do noso proxecto.
Isca no 25 de Xullo: a mocidade independentista faise escoitar
Isca! aportou mais un ano todos os seus activos humanos e materiais para conseguir que a voz da mocidade independentista se ouvise na manifestación do 25 de Xullo en Compostela. Como parte integrante da Fronte Patriótica , do Bloque Nacionalista Galego, demonstramos neste Día da Patria a pertinencia das vindicacións históricas do nacionalismo no referente […]
Día da Patria 06 - Conquistando liberdade desde a base
Neste Día da Patria de 2006, isca! sae á rúa, participando na comitiva de Galiza Nova que asistirá á manifestación nacional convocada polo BNG baixo o lema Somos unha Nación. Como presentación, temos preparado un panfleto no que resumamos os nosos posicionamentos ao redor da realidade do país, do que a seguir enumeramos os pontos principais
