“Galicia Bilingüe”, entidade que organizou a marcha do Domingo 8 de Febreiro, pretende a derogación da Lei de Normalización Lingüística, a segregación dos nenos e nenas galegas nas escolas por cuestión de idioma, a limitación drástica do uso do galego por parte da administración e a diminución da presenza pública do noso idioma. “Galicia Bilingüe” propón, por tanto, a limitación dos exíguos dereitos dos galego-falantes nun contexto real de discriminación do galego a todos os niveis
