IscaConstruíndo poder popular

Entradas etiquetadas con
cig

Solidariedade coa loita do metal

Xa van seis xornadas de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, en demanda dun convenio xusto e digno. A loita está a ser dura tanto pola prepotencia da patronal como polo papel que están a xogar as forzas represivas, con intervencións cada día máis violentas que xa provocaron ducias de feridos e que obrigaron os traballadores a defenderse cos seus propios medios […]

10 de Marzo: este sistema non funciona!

Con Asembleas en varias comarcas, concentracións, manifestacións e ocupacións de entidades financeiras conmemorou a CIG máis un ano o Día da Clase Obreira Galega. Nun contexto de crise económica como o actual, as reivindicacións da xornada estiveron centradas na defensa do emprego e das prestacións sociais, demandando así que se apliquen medidas en favor da […]

Coa CIG na rúa o Dia da Clase Obreira Galega

A CIG celebra máis un ano o Día da Clase Obreira Galega, desta volta baixo o lema “En defensa do emprego e as prestación sociais”, que ilustra a demanda por parte da central sindical nacionalista de que non sexa a clase traballadora quen pague as consecuencias da crise.

Isca! participará nas mobilizacións e distribuirá colantes e […]

O paradigma da precariedade laboral: a empresa BOSCH

A precariedade é o denominador común que define a situación laboral da mocidade galega. Un bo paradigma é a a situación da empresa de Telemarketing BOSCH, que na cidade de Vigo conta con mais de 1400 traballadoras/es, na súa inmensa maioría mozas e mozos. Destes, só 158 teñen actualmente contrato indefinido, co cal estamos a […]

Isca! apoia as mobilizacións da CIG contra a crise o 13-N

Isca! apoia as manifestacións convocadas contra a crise  polo sindicato nacional CIG, que vén desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña para denunciar os responsábeis da actual situación económica e as repercusións que terá sobre a clase traballadora. Nesta campaña a CIG demanda un novo modelo socioeconómico e a adopción de medidas por parte dos gobernos […]

Isca! participou nas mobilizacións do 1º de Maio

Isca participou por segundo ano consecutivo nas manifestacións do 1º Maio, aderindo as convocatorias da CIG en Vigo, Compostela e Ourense. O mal tempo non logrou impedir o suceso das mobilizacións do sindicato de clase nacional, que un ano máis logrou convocar o maior número de traballadores e traballadoras na xornada do “Día Internacional da clase traballadora. Galería de imaxes no interior.

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD