O pasado 17 de marzo estudantes, docentes e traballadores do ámbito das Enxeñarías en Informática manifestábanse na cidade da Coruña cunha mensaxe clara: a defensa das súas titulacións. A mobilización, convocada pola Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías en Informática (PGDEI), tivo un grande éxito de asistencia (ao igual que a mobilización que houbo […]
Contra Boloña, contra o capital, mobilización
Combater Boloña é hoxe o maior reto ao que ás e os estudantes nos enfrontamos. Ocultos tras o que venden como unha simple “modernización e harmonización do ensino superior europeo” atópanse os intereses das multinacionais, que procuran convertir a Universidade nunha fábrica de futura mao de obra en precario: isto explica o silencio e a […]
Paremos a implantación do EEES (Rebater)
O Proceso de Boloña, cuxo fin é a conformación dun Espazo Europeo de Ensino Superior, procura a homologación das titulacións universitarias europeas, para o que as estrutura nun sistema de dous niveis, os graos e os posgraos.
GRAOS. Van encamiñados á adquisición de coñecementos básicos de cada disciplina, ocupando o lugar das anteriores diplomaturas e dos […]
