IscaConstruíndo poder popular

Entradas etiquetadas con
bng

20-N: a mocidade rebelde co BNG!

Non temos por que escoller entre o mal menor e o maior, entre a dereita a a extrema dereita. A mocidade traballadora e estudante que saiu ás rúas nos últimos meses a protestar en defensa dos seus dereitos ten que ir agora a votar en favor de opcións que os defendan. Os de arriba votan sempre polo seus e mobilízanse activamente para conservar o control do goberno, para que todo siga igual. Os de abaixo, que somos máis e temos a razón do noso lado, temos que mobilizarnos, pois a nosa pasividade é a principal baza coa que contan para derrotarnos.

No Día da Patria, movémonos pola soberanía e o socialismo!

Unhas 20.000 persoas participaron na manifestación convocada polo BNG para reclamar soberanía, democracia e traballo. O Día da Patria, que cumpriu coas expectativas en canto á participación da base social e militante, serviu para manifestar as propostas do nacionalismo fronte ás políticas neoliberais de PP e PSOE, en Compostela e en Madrid, nun momento […]

O BNG apoia a fusión proposta pola Xunta e Guillerme Vázquez empraza a Feijóo a que use o dereito de veto

Santiago de Compostela, 2 Decembro 09. O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá unha nova cimeira dos tres líderes políticos para analisar a situación das caixas.
Nunha comparecencia conxunta, após hora e media de reunión, o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, anunciou o “apoio” do BNG á proposta de fusión das caixas galegas feita pública minutos antes […]

Galiza terá unha nova lei de caixas grazas á proposta do BNG, que obtivo o respaldo unánime da Cámara

Santiago de Compostela, 24 Novembro 09. O portavoz de Economía do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco, felicitouse polo acordo unánime adoptado hoxe na Cámara a favor da toma en consideración do Proposición de Lei de Caixas presentada polos nacionalistas e asegurou que supón unha boa nova para o conxunto dos galegos ao se enviar […]

O BNG vira costas ao asemblearismo

O BNG celebrou a pasada fin de semana a súa Asemblea Nacional Extraordinaria (A.N.E.), un cónclave moi baleiro de contido e debate real pero que tivo certa repercusión por ser o primeiro que se celebrou por delegación, é dicer, no que a participación non foi aberta a toda a militancia como anteriormente. Esta liquidación do […]

Análise da situación do BNG

Nos últimos anos, o BNG avanza con paso firme no camiño da súa equiparación ás demais forzas políticas do sistema. Asúmese desde a dirección da organización nacionalista o dogma de que existe unha soa forma de facer política , baseado no electoralismo, na mercadotecnia e no non cuestionamento do “status quo” vixente, e é dentro desas coordenadas onde aspira a consolidarse a actual dirección do BNG.continúa

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD