Isca!

Novas

Pronunciamento contra a excepcionalidade e criminalización ideolóxica

Perante a vaga de criminalización e excepcionalidade após as recentes operacións represivas e desaloxos de centros sociais practicados pola policía española, queremos expresar:

1 – O noso frontal rexeitamento ás campañas mediático-policiais que, estendéndose alén de situacións concretas, teñen como obxecto criminalizar os movementos populares no seu conxunto.

2 – Denunciamos o acoso ao que está a ser sometido o tecido asociativo de base soberanista, esixindo o cese do sinalamento mediático e asedio policial.

3- Demandamos aos medios empresariais o respeito á presunción de inocencia e ás forzas policiais españolas o respeito aos dereitos civís e humanos.

4 – Esiximos un cenario onde poder exercer con completa normalidade as liberdades de expresión e reunión nas tarefas de axitación e mobilización en base ás demandas da soberanía nacional e do socialismo

Difunde!