[Pontevedra] Por que os homes consomen prostitución?

A Asemblea de Zona de Isca! de Pontevedra organiza un acto co fin de profundizar na formación e loita feminista. Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir. Escoitar, aprender unhas das outras, analizar e cuetionar todo o que nos somete; iso tamén nolo ensina o feminismo.

O acto leva por título “por que os homes consomen prostitución” e contará coa presenza de Amelia Tiganus, activista feminista en feminicidio.net, defensora dos dereitos das mulleres, supervivinte da prostitución e trata. Terá lugar o día 6 de marzo na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9, Pontevedra) a partir das 19:00 horas.

Non faltes!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario