Isca!

En destaque

[Pontevedra] Combater o machismo desde as aulas e as institucións

 

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos un acto público baixo o título “Combater o machismo desde as aulas e as institucións“, para seguir respostando ao sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado. Acompañarannos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e ópticas as compañeiras da Curuxa Feminista (Colectivo de Mulleres Estudantes) e Noa Presas (deputada do BNG no Parlamento Galego). Esta charla-coloquio terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Rúa da Maestranza) o mércores 14 de marzo ás 20:00 horas.

Agardámoste!

Difunde!