Paremos o feminicidio. Sae á rúa!

marcah12_02Ante un novo caso de asasinato machista, o feminismo galego respostará na rúa con varias convocatorias en diferentes vilas e cidades galegas. É preciso que se nos escoite, é preciso facermos ruido até rematar dunha vez por todas coa violencia machista e o feminicidio. Desde Isca! chamamos a toda a mocidade a secundar as convocatorias e a loitar día a día para derrubar esta sociedade machista e patriarcal.

O machismo mata!

As concentracións terán lugar este sábado día 13 ás 20 horas.

  • Vigo no Marco.
  • Ourense, na Castañeira (Subdelegación do goberno).
  • Ferrol, no Concello.
  • A Coruña, no Obelisco.
  • Compostela, na Porta do Camiño.
  • Lugo, no Concello.
  • Pontevedra, diante da Audiencia.
  • O Carballiño, na Praza Maior.
  • Vilalva, na Praza da Constitución.
  • Val Miñor, no Parque da Ramallosa (18 horas).

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario