[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (VI): a economía

A revolución soviética transformou o sistema económico feudalista do zarismo nunha economía planificada que propulsou á URSS até convertila nunha das potencias globais do momento. Numerosos estudos afirman que o crecemento económico da URSS foi o maior de toda a humanidade. A produción industrial entre a época zarista e os anos 60 víuse multiplicada 52 veces. A única caída significativa do crecemento económico foi durante a Segunda Guerra Mundial.

Grazas á planificación da economía non existía desemprego e as oficinas do paro non abriron de novo até 1988, xa que o traballo era un dereito e unha obriga. Tampouco existíu case débeda externa, un feito que non gustou ao FMI.

Das primeiras medidas para socializar os medios de produción destacamos a primeira reforma agraria que outorgou a propiedade da terra ao campesiñado e a creación do centro de planificación económica Gosplán en 1921, cuxo primeiro reto foi a electrificación do país.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario