[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (V): a cultura popular

Queremos destacar o máximo coidado na URSS pola súa cultura e a dos pobos que a conformaban. A URSS era o país onde máis xornais se lían, onde máis libros se vendían (tamén un dos países onde eran máis baratos) e o país onde máis concertos musicais se celebraban; así como número de teatros, salas de cine e edificios culturais. Os presupostos do Estado incrementábanse en cada período, destinando grandes cantidades de diñeiro a desenvolver unha faceta de grande importancia na sociedade socialista.

Nacionalizáronse coleccións de arte privadas e potenciouse a creación e experimentación nas belas artes, para o que se fundaron sindicatos para pintores e artistas, así como para escritores, á vez que estas mostras artísticas se expoñían por todo o mundo.

Tamén á Unión Soviética debemos un dos períodos máis frutíferos da historia rusa en materia de cinema, pois co estímulo do Estado proliferaron directores e conseguiuse facer chegar esta forma cultural ás masas, grande parte analfabeta antes de ser erradicada grazas á educación universal. Por outra banda, a práctica de deporte e musical foron piares básicos do desenvolvemento da nenez.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario