Isca!

En destaque

[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (III): os dereitos das mulleres

Na URSS o obxectivo da igualdade puido verse algo máis próximo, pois foi un estado punteiro na consecución de dereitos para as mulleres. Nomeadamente no ámbito laboral e gobernamental, podendo acceder aos mesmos traballos e postos que viñan ocupando os homes. Por exemplo, en 1920 polo menos 600 mulleres eran alcaldesas das súas cidades e vilas. Nese mesmo ano a Unión Soviética legalizou o dereito ao aborto, o primeiro estado do mundo el facelo; se ben este dereito foi suprimido e non contemplado de novo até 1955, de xeito paulatino. O sufraxio feminino foi aceptado no ano 1917, moito antes que outros países da contorna occidental.

En materia de reprodución e conciliación, as mulleres podían desocupar os seus postos de traballo durante o embarazo e gozar dun ano de baixa por maternidade mantendo o salario. A emancipación no eido laboral e no fogar transformaríase nunha “revolución sexual”, con teóricas feministas como Aleksandra Kollontái como principais promotoras, afirmando que o novo mundo debe pasar necesariamente pola revolución da vida cotiá e por mudar a relación entre os sexos.

Tagged

Difunde!