[Outubro centenario] Os dereitos sociais na URSS (II): o ensino

A escola era entendida como unha ferramenta para construír a sociedade socialista do futuro. O analfabetismo foi o elemento principal a erradicar polo novo rexime, a través do decreto de 1918, e para iso incrementouse o número de escolas nun 12%, tamén para adultos, o número de estudantes nun 24% e a educación a partir da década dos 40 foi gratuíta a todos os niveis. Toda persoa entre os 8 e os 50 anos que non soubese ler tiña a obriga de aprender a ler e escribir en ruso ou en calquera das outras linguas recoñecidas. Para facilitar a aprendizaxe, a ortografía rusa foi modificada, á vez que se eliminou a relixión da escola e a segregación por sexos.

En 1917 existía una tasa de analfabetismo del 30% nas cidades, e dun 65% nas áreas rurais. No 1939 perto do 90% da poboación estaba alfabetizada. Posteriormente o analfabetismo foi erradicado.

O ensino na sociedade socialista pretendía ser o camiño para a formación e integración do estudantado na sociedade baseada no respecto mútuo, e para iso foron elimados mecanismos de avaliación como os exames e os deberes, así como as condecoracións.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario