[Ourense] Que é a mocidade?

mocidadeOurensePriorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.

Por iso organizamos o vindeiro sábado 30 de abril ás 11:30 horas no local comarcal do BNG de Ourense (Rúa da Burga, nº2) un encontro formativo onde trataremos o que é e non é a mocidade rachando co concepto desde unha perspectiva de clase.

Agardámosvos!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario