[Ourense] Agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista

Continuando coa campaña de solidariedade e información que a nosa organización vén desenvolvendo nas últimas semanas en apoio á loita antifascista que se está a dar na Ucraína, nomeadamente na zona do Donbass, mais non só.  Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia, manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima defensa contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.

Os grandes medios de comunicación están a realizar o labor que se espera deles, ofrecendo a narración dos feitos que lle interesa ás oligarquías estadounidenses e europeas. Nese sentido é de vital importancia rachar co silenciamento mediático e espallar a realidade do que alí está a suceder.

Con ese obxectivo Isca! organiza en Ourense, a vindeira terza-feira 23 de setembro ás 19:30 horas no Café Auriense unha charla a cargo de Óscar Valadares, ativista de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que leva por título “agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista“.

Non a perdades!

.

>> Ucrânia: o monstro fascista retorna a Europa

>> Apoio á caravana antifascista e ás combatentes no Donbass [GL] [EN] [RU] 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario