IscaConstruíndo poder popular

Novas mobilizacións de Galiza Non se Vende

A plataforma Galiza Non se Vende vén de convocar novas mobilizacións en defensa do agredido litoral galego, debido á especulación e a un modelo depredador do crecemento económico.

Chuzame!

 


A plataforma Galiza Non se Vende vén de convocar novas mobilizacións en defensa do agredido litoral galego, debido á especulación e a un modelo depredador do crecemento económico. Esta rede organiza unha manifestación nacional en Vigo o 31 de maio ás 12:00 -desde a praza do concello- e un roteiro contra Reganosa polas rúas de Ferrol o venres 5 de Xuño ás 20:00 desde o edificio da Xunta de Galiza.

Industrias contaminantes, polígonos industriais, contaminación do litoral, instalación de piscifactorías, especulación urbanística, portos deportivos, e campos de golf atópanse entre as principais ameazas do litoral galego ante a voracidade insaciábel do capitalismo, que presenta como inevitable, imprescindible e ata desexable a destrución de territorio, cultura, natureza e paisaxe.

GNSV chama a “non tolerar máis o intolerábel”, en referencia á privatización dos gaños e a socialización das perdas, denuncia o continuísmo dos sucesivos gobernos autonómicos nesta materia e insta a tirar do freno de emerxencia do capitalismo, de “esta locomotora desvocada, deste falso progreso, que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures”.

Como de costume, de Isca! apoiamos estas mobilizacións e chamamos ao conxunto da mocidade galega a participar activamente nelas, en clave anticapitalista e soberanista.

Tags: gnsv, litoral, reganosa

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD