Nin un paso atrás na defensa do galego

Aínda que o presidente da Deputación de Ourense é máis coñecido mediaticamente polo seu peculiar carácter, o seu homólogo da “provincia” de Pontevedra non fica atrás en canto a caciquismo.

Louzán xa ten o dubidoso mérito de converterse no primeiro cargo público que asina un convenio de colaboración coas asociacións polo exterminio da lingua. Na mesma semana, rompeu o convenio polo que compraba libros galegos para a rede de bibliotecas públicas, nun novo xesto que encadra a esta institución no sector máis reaccionario dun Partido Popular xa endurecido, embarcado nunha campaña contra a lingua e decidido a liquidar os minúsculos avanzos –como o decreto sobre o galego no ensino, masivamente incumprido- da etapa do goberno bipartito.

De Isca! reiteramos a nosa firme oposición a calquera retroceso histórico como os que estamos a vivir e os que xa se anuncian, nomeadamente no campo do ensino e os medios de comunicación públicos.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario