Na defensa do agro

sindicato-labrego-mobilizacion.jpg

Recentemente o agro ven de sufrir o último ataque por parte das industrias lácteas, ao negarse a recollerlle a produción de leite a dúas explotacións no concello de Barreiros, feito que ocasionou os ataques de labregos contra cisternas da empresa “Leche Rio” derramando o seu contido.

Os motivos destas represalias non foron outras que a chantaxe do propietario de “Rio” de non recollerlles o leite producido para baixarlles o prezo. A esta chantaxe sumáronse as infames acusacións de agredir a un inspector da empresa, o cal executa á liña os desexos do empresario. Tamén cabe destacar a posición dos sindicatos XXAA e UA., que moi lonxe de apoiaren  a estes labregos e participar nas distintas mobilizacións programadas, adicáronse a propagar falsas novas sobre a solución do problema das dúas explotacións.

Mais o problema non se reduce a dúas únicas explotacións, o agro enteiro está a agonizar por mor da vertixinosa baixada de prezos que acusan os produtos do agro, especialmente o leite. Neste momento o sector leiteiro precisa que se fixe un prezo mínimo e garantía de recollida. E isto parece que non preocupa a ninguén do novo goberno do PP. Con ese motivo fixo a convocatoria o Sindicato Labrego Galego dunha concentración perante a Consellaria do Medio Rural este mércores dia 27 de Maio.

O futuro non está certo neste sector e o feito de que a Unión Europea vaia eliminar o sistema de cota láctea para o 2015, sen ter previsto nengún mecanismo de regulación do mercado, mais o incremento lineal dun 1% de cota ate o 2015,  fará que os labregos teñan que traballar moitas mais horas para gañar o mesmo, xa que segundo o comportamento das curvas da oferta e a procura: canto mais produto se ofrece, menos se está disposto a pagar por el, e como os labregos non poden decidir reter o produto se este está pouco pagado, ou pechan ou aguantan endebedándose mais ata chegar ao punto do feche.

As explotacións de hoxe seguen a ter grandes problemas estruturais, e a solución dos seus problemas pasa por unha reforma a longo prazo da estrutura da terra, o control de mercado e garantir a remuneración do traballo. Temas que xa comezara moi timidamente a anterior Consellaría do Medio Rural e que agora están a ser desbotados polo PP.

Así as medidas do Goberno para solventar este problema consisten en axudar aos labregos a pedir máis empréstitos co que acabarán mais endebedados aínda.

Agora coa convocatoria dunhas eleccións ao Parlamento Europeu no que se lle poderían dar solucións aos labregos, non se escoita a nengunha formación política que fale da problemática do agro nos seus mitins de campaña, agás o BNG, que rectificou as posicións anteriores.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario