Isca!

Novas

Moncho Reboiras vive!

Do mesmo xeito que en anos anteriores, este 12 de agosto no cemiterio de San Xoán de Laiño, (Imo, Concello de Dodro) do MGS iremos celebrar o acto político de homenaxe á figura e o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española hai 42 anos. Como cada ano tamén, gostaríamos de contar coa túa presenza neste acto de homenaxe a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar. As actividades comezarán no cemiterio ás 13h co seguinte programa:

ACTUACIÓN do cantautor ROBERTO SOBRADO

INTERVENCIÓNS

  • Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
  • Élia Lago, da Mesa Nacional do MGS e de Isca!
  • Ramiro Oubiña, histórico militante sindical no seo da CIG.

XANTAR POPULAR. Ao remate do acto, celebraremos o xantar anual nunha carballeira acondicionada a 150 metros, amenizado con gaiteiros. No caso de non acompañar o tempo contaremos cun local cuberto para poder celebrar o xantar con normalidade.

ROTEIRO. A media tarde, visitaremos os interesantes petroglifos de Bouza Abadín onde José Emílio Vicente e Bieito Pérez farán unha breve contextualización arqueolóxica e xeográfica dos petróglifos e das espectaculares vistas da ría e da contorna que paseou Moncho na súa infancia e mocidade.

Aquí o evento de Facebook: https://www.facebook.com/events/493240414362821

Difunde!