Mobilizacións xuvenís comarcais pola independencia

Imaxe de GzFoto

Os organizacións políticas e sociais xuvenís e estudantís encargadas de impulsar a manifestación unitaria do 24 de xullo, convocamos diferentes mobilizacións comarcais previas para celebraren o Día da Patria e mostrar o rexeitamento do marco xurídico-constitucional vixente e o desexo de dotar a Galiza de plena soberanía.

  • A Coruña. Manifestación – pasarrúas o xoves 17 de xullo ás 20:30 horas con saída no Obelisco. [Evento no fb]
  • Compostela. Manifestación o mércores 16 de xullo ás 20:30 horas con saída desde a Alameda
  • Pontevedra. Manifestación – pasarrúas o venres 18 de xullo ás 22 horas con saída na Praza da Peregrina. [Evento de fb]
  • Ourense. Manifestación o martes 22 de xullo ás 20:30 horas con saída na Subdelegación do Goberno [Evento de fb]

Desde Isca! saudamos e participaremos nas convocatorias e parabenizamos á mocidade organizada deste país dentro das coordenadas do independentismo e da esquerda transformadora, que é quen de tender pontes para favorecer a creación de espazos de loita e acción unitaria que afortalan o obxectivo estratéxico de erguer unha alternativa contraposta ao Estado español e o sistema capitalista.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario