Isca!

En destaque

[Melide] Xornada LGBTI. Orgullo, loita e dignidade

 

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos unha xornada de auto-formación LGTBI baixo o título “orgullo, loita e dignidade. A loita LGBTI desde a mocidade independentista“. Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar en Melide, na Cervexaría A Fundación (Avenida Toques e Friol, nº 23) o mércores 28 de marzo ás 20:30 horas.

  • Contaremos cunha intervención de militantes de Isca!.
  • Visionado do filme Pride. Filme dirixido por Matthew Warchus que representa un grupo de activistas LGTB do Reino Unido que traballam por axudar aos mineiros durante a greve da National Union of Mineworkers no verán do 1984.
  • Para finalizar teremos petiscos e pinchada musical.

Non faltes!

Difunde!