Manifestación contra o saqueo socioambiental da nosa terra

A rede Galiza non se vende convoca unha nova mobilización o próximo domino 8 de maio, que sairá ás 12h desde a Alameda de Compostela, baixo o lema “Contra o saqueo socioambiental da nosa terra!”, concretado nas seguintes reivindicacións:

  • Por unha utilización racional dos recursos naturais
  • Pola protección do patrimonio natural e histórico
  • Por unhas rías limpas
  • Por uns ríos vivos
  • Pola defensa da nosa soberanía alimentaria
  • Por un litoral público e natural
  • Por un urbanismo integrado na natureza e na nosa cultura
  • Por uns montes ben xestionados
  • Pola participación da cidadanía na xestión do noso
  • Por unha xustiza incorruptible
  • Polo respecto ás outras especies e a protección real da natureza
  • Por un transporte colectivo eficaz
  • Por unhas alternativas enerxéticas públicas e conscientes
  • Por unha xestión responsable dos residuos
  • Por un modelo económico e social máis xusto e solidario
  • Polo fortalecemento do rural e a economía social na Galiza

gnsv2011.jpg

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario