Isca!

Novas

Manifestación antitouradas en Pontevedra 2017

Un ano máis, desde Isca! adherimos a convocatoria de Touradas fóra de Pontevedra e estaremos nas rúas da cidade o 12 de agosto para esixir a abolición da barbarie taurina. Unha das esixencias específicas desta xornada é a supresión do convenio que financia indirecta ao lobby taurino con perto de 40.000 euros.

Podes seguir todas as novidades da convocatoria na páxina de Touradas fóra de Pontevedra, ademais de no evento.

Vémonos o 12 de agosto ás 20 horas na praza da Peregrina de Pontevedra! #TouradasNon!

Difunde!