IscaConstruíndo poder popular

Máis un ataque contra o deporte galego

O goberno de Núñez Feijoo non coñece límites na súa cruzada contra todo elemento galeguizador ou que tente normalizar algo máis a nosa condición de galegos. Desta volta o ataque prodúcese unha vez máis contra o deporte galego. Tras a xa anunciada retirada de axudas a nosa selección de fútbol, o seguinte ataque vai destinado […]

Chuzame!

O goberno de Núñez Feijoo non coñece límites na súa cruzada contra todo elemento galeguizador ou que tente normalizar algo máis a nosa condición de galegos. Desta volta o ataque prodúcese unha vez máis contra o deporte galego. Tras a xa anunciada retirada de axudas a nosa selección de fútbol, o seguinte ataque vai destinado ao remo de base.

Dende sempre, Galiza caracterizouse por ser unha nación con moitísimo potencial a nível dos deportes acuáticos, e o remo non é a excepción. Este aspecto tórnase máis meritorio se engadimos que os equipos galegos reciben moi poucas axudas, non teñen moito patrocinio e é un deporte que tes que compaxinar co traballo, xa que aquí non se vive deste deporte como en Cantrabria ou Euskal Herria.

Os mellores equipos galegos compiten cos equipos punteiros do remo de todo o cantábrico dende hai xa varios anos, aumentando desta forma a competitividade e o nível do remo galego. Non é ata o ano pasado cando se produce un fito histórico no noso tempo, que é a primeira competición oficial de traíñas no remo feminino. Esta competición, celebrada na bahía da Concha congregou en augas donostiarras a varios combinados vascos, un equipo Cántabro e á selección galega, creada pola Xunta para poder competir nesta primeira carreira feminina, na cal se levou a vitoria dunha forma moi meritoria. O seguinte paso na normalización do remo feminino foi a creación dunha liga de remo ao máximo nivel, na que compite de novo a selección galega (o mesmo plantel que gañou a bandeira da Concha), unha selección de Catalunya, unha de Biskaia e outra de Guipuscoa.

Estamos xa na metade da tempada e a nosa selección está un paso por riba das demáis como primeira clasificada gañando 3 das últimas 4 regatas e presenta credenciais para gañar esta primeira liga feminina.

Todo parece normal visto dende fora, pero detrás de todo isto agóchase o desprecio por parte do presidente da Xunta cara esta selección feminina. Oficialmente esta selección ten de chamarse selección “Rías Baixas” (ainda que sexan considerados por todos como selección galega) debido a que Feijóo negoulles a denominación de selección galega alegando que había moitos máis equipos que non foron tidos en conta para o equipo, retirando tamén calquera tipo de axudas para poder afrontar a tempada. De sobra sabemos o compromiso destrutivo de Feijóo con calquera cousa que represente un ataque contra a identidade española, mais non podemos deixar de denunciar os inxustos ataques que están a sufrir unhas deportistas que tentan representar a Galiza ao máis alto nivel, que xa, partindo dunhas condicións para nada favoráveis, o único que reciben a cambio é un portazo por parte da Xunta sen o máis mínimo remordemento.

Esiximos un respeto para os nosos e as nosas deportistas para que poidan competir ao máximo nível sen ter que mendigar a unha Xunta que continúa a negarse a gobernar por e para os galegos.

Tags: deporte, selección galega, traiñas

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD