Isca!

En destaque

[Lugo] Mércores 29, xornadas LGTBI!

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos unha xornada de auto-formación LGTBI.  Acompáñanos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e ópticas. Como seguir abordando a axenda LGTBI desde a autoorganización da mocidade? Que retos hai sobre a mesa para o activismo LGTBIQ galego? Como se expresa o odio LGTBIfóbico na actualidade? Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar en Lugo, na Libraría Gato Neghro (rúa San Roque, nº32) o mércores 29 de marzo ás 20:30 horas coa presenza de Ángel Amaro -activista LGTBI- e Translurpies -colectivo lucense transfeminista-.

Non faltes!

Difunde!