Loita, reivindicación e festa para a mocidade neste Día da Patria

faixa25xOs pasados 24 e 25 de xullo foron días de loita, reivindicación e festa para a mocidade e o conxunto do pobo traballador galego. Centos de mozas saímos á rúa unha vez máis e por terceiro ano consecutivo ás rúas de compostela baixo a palabra de orde “a mocidade galega pola independencia. Venceremos nós“. Temos un desexo compartido, conseguir mudanzas estruturais e con urxencia para o noso pobo e a nosa clase desde xa. É deber das organizacións xuvenís pisar o acelerador e explorar todas as estratexias posíbeis para avanzar na unidade de acción. Reiteramos a nosa aposta politica porque isto sexa posíbel, comprometéndonos a traballar nesta vía.

Rachamos co réxime español e a ditadura da UE, construímos unha Galiza ceibe foi o noso lema na ateigadísima mobilización do Día da Patria porque afirmamos que a Unión Europea, proxecto ao servizo do grande capital transnacional, ferramenta do imperialismo e solución da burguesía europea co fin de manter ou aumentar as súas marxes de beneficio e o réxime español, que nega a nosa soberanía e fai da Galiza un país dependente no terreo económico, político e cultural son os dous maiores inimigos do pobo traballador galego.

Sabemos que reivindicar soberanía e independencia é avanzar na vía de saída do capitalismo como único camiño para a construción dunha alternativa sistémica diferente, deixando atrás opresións de todo tipo.

>> Galería de imaxes

.

Video da manfestación xuvenil pola independencia.

.

Video da manifestación nacional do Día da Patria.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario