Isca!

Convocatórias

Isca! perante a represión e suspensión das mínimas garantías democráticas

 

Desde Isca! queremos trasladar as seguintes consideracións a respecto dos acontecementos que están a acontecer nestes momentos en Catalunya.

1. Mostramos a nosa solidariedade e apoio sen fisuras co pobo catalán, coas súas institucións, co seu poder municipal, coas militantes, coas detidas e, en definitiva, co conxunto de todas as persoas que buscan a liberdade do seu país.

2. Denunciamos a situación de sitio policial. A represión, a detención, o asalto a institucións, a persecución de urnas e papeletas, a prohibición de facer campaña e, polo tanto, a suspensión das mínimas garantías democráticas. Unhas garantías que o Estado Español non é quen de garantir neste posfranquismo nacido no réxime do 78.

3. O proceso independentista é, neste momento, a maior ameaza ao réxime do 78, á monarquía e á sacrosanta unidade do estado; peza fundamental para garantir á oligarquía manter as súas marxes de beneficios e extración colonial dos recursos dos pobos. Só así se explicar a militarización, o acoso mediático e a posición da rancia dereita e patronal contra a vontade popular.

4. No camiño da ruptura co estado español. Como internacionalistas, desde a vontade tamén da construción da nosa República Galega, apoiamos á mocidade das organizacións irmás nos Països Catalans. O seu chamando á desobediencia, á rebeldia e á mobilización. Sodes un exemplo para nós, para a mocidade dos pobos oprimidos, para todo o xénero humano. Sen fisuras, sen equidistancias. Convosco na defensa do voso pobo, do voso país.

5. Finalmente apoiamos e participaremos convocadas no noso país en defensa do dereito a decidir, das liberdades nacionais e contra a represión do estado español:

Hoxe día 20 de setembro:

  • Ferrol: 20:30 h na praza Amada García Diante do edificio da Xunta.
  • Lugo: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno.
  • A Coruña: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno.
  • Compostela: 20:30 h na Praza do Toural.
  • Vigo: 20:00 h na Farola de Urzáiz.
  • Ourense: 20:00 diante da Subdelegación do Goberno.
  • Pontevedra: 20:00 h diante da Subdelegación do Goberno.

Vindeiro sábado 30 de setembro

Manifestación nacional en Compostela desde a Alameda ás 12h.

.

Difunde!