Isca! no 25 de Xullo: abrindo camiños cara a independencia

Made with Slideshow Embed Tool

isca-mani-17.jpgIsca! acudiu un ano mais á manifestación nacional que cada 25 de Xullo leva a Compostela milleiros de galegos e galegas para vindicar os nosos dereitos como pobo, contando para iso co compromiso activo da nosa militancia , que se agrupou nunha nutrida comitiva que deu boa conta da vitalidade do noso proxecto.

isca-mani-11.jpgO Día da Patria Galega foi unha ocasión privilexiada para a mobilización, a celebración, e a reflexión. De Isca! aproveitamos esta xornada para reafirmarnos na nosa aposta independentista e anticapitalista, no camiño da construción dunha alternativa que resista os embates do sistema.

A nosa organización participou, como de costume, na mobilización convocada polo BNG, integrada dentro da comitiva de Galiza Nova, e tamén con discurso propio, ademais de instalar un posto informativo no Festigal, onde se repartiu o Combater nº3, así como todo o material da organización, incluíndo o colante editado para a ocasión. Tamén se expuxeron dous paneis explicativos sobre a nosa organización e os nosos obxectivos, con imaxes de algunhas das nosas actividades e campañas (podes velos aquí e aquí).combater31.png

Durante o percurso da manifestación, numerosas faixas coladas pola nosa militancia demandaron a independencia , o socialismo, a fin do patriarcado e a solidariedade con loitas como a do metal, que tamén foi apoiada de forma reiterada polas palabras de orde que xurdían da comitiva, conxuntamente aos berros de independencia e a prol do socialismo.

foto-obradoiro-6.jpg Tamén fomos quen de levar á praza da Quintana as nosas demandas, que ficaron perfectamente visualizadas através do material, faixas e piruletas que se confeccionaron para  a data, acompañadas do berro a prol da independencia nacional, que foi quen de sumar gran parte da asistencia. Xunto do Movemento Galego ao Socialismo, que recoñecemos como referente dentro do BNG, a nosa presenza logrou exteriorizar mais que outros anos a vindicación da soberanía nacional plena.

isca-mani-10.jpgMáis un ano, continuamos afortalar a nosa presenza, como vén acontecendo desde a nosa primeira aparición pública, precisamente un 25 de xullo de 2006. Tres anos despois, seguimos a acreditar que precisamos mudanzas de fondo no nacionalismo galego, que non temos futuro dentro de España, e que só o socialismo pode garantir unha vida digna para os pobos e traballadores do mundo; e seguimos a convidar a mocidade galega a unirse a un proxecto coerente coa coa tradición histórica da mocidade nacionalista en Galiza.

foto-obradoiro-2.jpgNon somos alleos á situación específica na que nos enfrontamos neste ano, non só polo relevo no goberno da Xunta e o retorno dunha dereita sucursalizada de Madrid, antigalega e neoliberal, senón tamén por unha crise económica que revela a faciana máis cruel do sistema capitalista. É a nosa clase, a clase traballadora, a que pode combater e vencer contra a patronal e o seu goberno, e en cada loita avanzar na conquista dun novo sistema, afortalándonos con exemplos de resistencia como o do conflicto dos compañeiros do metal, as compañeiras da limpeza da provincia de Pontevedra, os traballadores e traballadoras de Caramelo e un longo etcétera.

isca-mani-22.jpgNós, desde o noso país, Galiza, queremos ser a isca que prende o lume da revolución, a mocidade que non se rende, que non ten medo a declararse abertamente independentista, e que sae á rúa na defensa do monolingüismo social, das clases traballadoras, dos dereitos das mulleres, dos pobos oprimidos, do ensino, do noso territorio, dos nosos sectores produtivos… Conscientes de que só poderemos conquerir unha nación realmente libre e soberana no marco dun sistema económico xusto, un sistema das e dos traballadores, que defendemos sen ningún medo, pois hoxe amósase máis necesario que nunca: o Socialismo.

Únete a nós e prende a chama!

Descarga aquí o Combater nº3.

 colante-patria-09.jpg

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario