Homenaxe a Moncho Reboiras en Imo

imo22015Un ano mais o cemiterio de San Xoán de Laiño, en Imo (Concello de Dodro) acollerá un acto político co que o Movemento Galego ao Socialismo quere lembrar o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española o 12 de agosto de 1975. Cando se cumpren os 40 anos da sua morte gostaríamos de contar coa presenza de mocidade galega neste acto de homenaxe a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dando a vida por unha causa pola que seguimos a loitar. As actividades comezarán no cemiterio ás 13:00 horas co seguinte programa:

ACTUACIÓN de Mini e Mero.

INTERVENCIÓNS

  • Xoán Bautista Mariño, concelleiro do Bng Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
  •  Rafael Mouzo, alcalde de Corcubión de 1979 a 2003 e de 2007 a 2008 e histórico loitador que impulsou a concesión dunha rúa a Moncho Reboiras neste Concello.
  • Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e de Isca!

RECITAL POÉTICO de Susana Sánchez Aríns e Verónica Martínez Delgado e presentación do libro de poemas “Moncho Reboiras Vive!” que conta con textos de Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Igor Lugris, Isidro Novo, Marta Dacosta, Ramiro Vidal Alvarinho, Susana Sánchez Aríns, Teresa Moure e Verónica Martínez Delgado e que estará dispoñíbel ese día.

XANTAR POPULAR. Ao remate do acto, celebraremos un xantar nunha carballeira acondicionada a 150 metros do cemiterio na que compartiremos a comida, amenizada con gaiteiros. Podes traer o teu xantar mais non é imprescindíbel e se decides quedar haberá comida e bebida suficiente. Haberá xogos populares (chave e billarda). No caso de chover contaremos cun local cuberto para poder celebrar o xantar con normalidade.

ROTEIRO. A media tarde, e cerca de alí, visitaremos os interesantes petroglifos de Bouza Abadín onde José Emílio Vicente e Bieito Pérez farán unha breve contextualización arqueolóxica e xeográfica dos petróglifos e das espectaculares vistas da ría e da contorna.

.

>> Cartaz da homenaxe.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario