IscaConstruíndo poder popular

Galiza Nova - Ourense organiza unhas serie de actos en torno á conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

As xornadas comezarán o propia día 10 de Marzo co apoio e a asistencia á mobilización que convoca a CIG en Ourense as 20hr con saída no Pabillón dos Remedios baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”.
O día 11 terá lugar unha mesa redonda no Ateneo as 20:00h na que […]

Chuzame!

As xornadas comezarán o propia día 10 de Marzo co apoio e a asistencia á mobilización que convoca a CIG en Ourense as 20hr con saída no Pabillón dos Remedios baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”.

O día 11 terá lugar unha mesa redonda no Ateneo as 20:00h na que intervirán:

Etelvino Blanco - Secretario Xeral da CIG Ourense
Enrique Vieitez - Deputado do BNG
Rocío Sampayo - Responsábel Nacional de Emprego de Galiza Nova

O tema central será a crise económica e as alternativas que fronte a esta propoñen a CIG, o BNG e Galiza Nova.

O día 12 de marzo terá lugar no Trampitán (Praza Maior) as 23hr unha actuación musical de Roberto Sobrado para fechar estes días de debate e mobilización. Noite na que se sorteará unha cesta de productos galegos.

Galiza Nova Ourense convida a todas as mozas e mozos ourensáns a participar destas xornadas de loita contra a crise e o sistema e de reivindicación da clase obreira galega.

 xornadas_cartaz_10maio.gif

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD