FPLP: Os crimes de París son responsabilidade do imperialismo

Polo seu interese reproducimos o comunicado da Fronte Popular de Liberación de Palestina (FPLP) sobre os atentados en París e a súa relación co terrorismo e o imperialismo en Siria, Iraq, Líbano ou Palestina.

Os crimes de París son responsabilidade do imperialismo, colonialismo e as forzas reaccionarias.

A responsabilidade da masacre que tivo lugar en París hai dous días, provocando a morte de polo menos 120 persoas inocentes, reside principalmente no colonialismo, o imperialismo, as forzas criminais takfiri e en particular nos Estados Unidos, o Estado francés e as ferramentas reaccionarias na rexión, afirmou o camarada Khaled Barakat, coordinador da Campaña internacional para liberar Ahmad Sa’adat.

Nunha entrevista co departamento de información do FPLP, Barakat afirmou que “a dereita fascista e o sionismo son os únicos que se benefician do crime. Os árabes, tamén o pobo palestino, son os que pagan e pagarán o prezo dos ataques acontecidos nos últimos días en Bourj Al-Barajneh no sur de Beirut contra persoas inocentes e en París, tamén contra civís”. Barakat sinalou “algúns están tentando incitar unha onda de racismo no Líbano, que é aínda máis grave na Francia colonial, onde existen numerosos casos de racismo e odio contra os migrantes, refuxiados e cidadáns pobres, particularmente os árabes e africanos.”

Barakat apuntou que “a historia colonial e sanguenta de Francia en Alxeria, Siria, Líbano e noutros lugares do mundo árabe aínda está fresca na memoria popular. Nestes momentos Francia segue a apoiar o Estado Sionista e racista de Israel e os réximes árabes reaccionarios con subministracións de armas e outros apoios. É contrario ao dereito dos pobos árabes e palestino á autodeterminación e múltiples formas de racismo e opresión se teñen dado no seu interior contra a clase traballadora árabe e musulmán. Todos estes factores debilitan a solidariedade árabe e pode distorsionar a imaxe da realidade deste crime.”

“A forma de combater os intereses imperialistas da UE e EEUU hoxe non é a través de crimes e masacres sanguentas contra civís nas rúas de París, Londres, Madrid ou Nova York. Para desafiar estes intereses é precisa a organización de movementos populares árabes revolucionarios e antiimperialistas, reforzar campañas de solidariedade e enfrontar as políticas coloniais do Occidente a través da mobilización das masas: estudantes nas universidades, os traballadores en sindicatos, membros de igrexas e outras institucións públicas e sectores sociais”, dixo Barakat. “Debemos normalizar a resistencia do pobo e a actividade das forzas da resistencia e reforzar o papel e a voz das comunidades árabes e palestinas en Occidente”, particularmente nesta época de aumento da opresión racista e das ameazas.

“Os grupos reaccionarios takfiri son un produto da realidade actual no mundo árabe, no medio do subdesenvolvemento e o poder de réximes reaccionarios ao servizo do imperialismo, en particular o Reino de Arabia Saudita e Qatar. A destacar tamén o papel destrutivo desempeñado por estados como Turquía e outros aliados da OTAN na rexión “, dixo Barakat.

Barakat dixo que entidades como “Al Qaeda”, “Al Nusra”, “ISIS” e outras forzas reaccionarias takfiri non van durar moito tempo e están “en proceso de desaparición, parcialmente a mans daqueles que as impulsaran despois de ser usadas para acadar obxectivos específicos na creación do caos, sabotaxe e sectarismo e ao non acadar os obxectivos que lles marcaron outras de forzas árabes imperialistas e reaccionarias en varios estados ou rexións”.

.

>> Barakat: Heinous crime in Paris is the responsibility of imperialism, colonialism and reactionary forces

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario