Personaxes revolucionarias, o Che

Autor: Isca!

Sobre o autor:

Isca é unha organización xuvenil galega que traballa polo horizonte estratéxico da construcción dunha República Socialista Galega desde posicións feministas e revolucionarias.

Máis información:

Ante ti tes un novo documento formativo, a través dos cales Isca! pretende difundir a quen lle interesar figuras, obras, loitas e feitos que ao longo da historia teñen contribuído nos diferentes pobos do mundo a avantar cara a soberanía nacional e a xustiza social. Pretendemos con estes cadernos fomentar a reflexión e o debate entre a nosa militancia de cara a afortalar mediante a aprendizaxe colectiva os alicerces teóricos e ideolóxicos sobre os que asentamos o noso axir como activistas.

Desta volta, centramos o debate nun dos ideólogos e comandantes da Revolución Cubana, Ernesto Guevara de la Serna, o Che. Participou na Revolución e até o 1965 na organización do Estado cubano con diferentes tarefas, destacando as ligadas á área económica. Impulsou varios focos guerrilleiros en diferentes lugares de América Latina, onde el mismo combatiu. Foi asesinado polo exército boliviano e a CIA en 1967.

Icona de relevancia mundial polo seu pensamento e exemplo. Deixounos abundantes obras escritas desde os famosos diarios de motocicleta, apuntes sobre a guerra de guerrillas ou o concepto do “home novo socialista”. Algúns destes temas, xunto con outros, son mencioados nos diferentes textos que contén o caderno. Desde un repaso á súa vida e exemplo até os deberes da mocidade comunista ou unha análise sobre o home e o socialismo en Cuba.