Fóra a constitución. Rachemos co réxime español!

constitucion2016Como todos os anos, o 6 de decembro chega a conmemoración da ratificación da Constitución Española. Un texto herdeiro do réxime franquista, que serviu como culminación da denominada transición. Un período que se nos vendeu como semente dunha nova democracia e que simplemente quedou nun lavado de cara da ditadura para que os mesmos de sempre conservaran intactos os seus privilexios. É un auténtico cabalo de troia.

Ante o orgullo do Estado Español pola celebración do día da Constitución, desde Isca! queremos mostrar o noso rexeitamento a dito texto nesta data, ao igual que fixemos o 12 de outubro coa súa festa nacional dicindo alto e claro: nada que celebrar. A Constitución contén artigos descaradamente antidemocráticos. Negan o dereito dos pobos á súa autodeterminación, consagran a imposición do castelán na sociedade, institúen a anacrónica figura do rei, dan potestade ao exército español para defender a integridade territorial ou priorizan o pago da débeda pública fronte aos servizos sociais.

Sabemos que o noso necesario camiño cara a independencia pasa por romper co marco constitucional e cos Estatutos de Autonomía, que sempre deberán ser ratificados polas cortes españolas ao igual que calquer ampliación de competencias. Por iso é necesario racharmos con todas as imposicións e exercermos plenamente o noso dereito a autodeterminación, como calquer pobo do mundo que desexe ser libre, para construír a nosa República independente e popular.

Con España non temos futuro!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario