Para entendermos a crise

Autor: Isca!

Sobre o autor:

IscaA é unha organización xuvenil galega que traballa polo horizonte estratéxico da construcción dunha República Socialista Galega desde posicións feministas e revolucionarias.

Máis información:

A crise que estamos a sufrir actualmente está provocando unha grande alarma social. Pódese dicir que todo o mundo está preocupado por esta crise, xa que as súas consecuencias estanse facendo notar con forza e témese que sexan aínda máis negativas no inmediato futuro. Por esta causa, a crise suscita un grande interese, ademais de tratar de coñecer as súas causas e, tamén, durante canto tempo e como nos vai afectar. Porén, as crises son fenómenos habituais no capitalismo. Unhas son máis graves e intensas que outras, pero as crises son sucesos recorrentes no sistema capitalista de organización económica e social. Esta crise nin é a primeira nin será a última […]

Deste xeito comeza unha achega formativa que ten como obxectivo proporcionar unha serie de claves para  entender esta crise económica, que é sistémica, que está a arrasar con todo. Crises sistémicas e cíclicas do capitalismo que, segundo a súa envergadura e as medidas adoptadas para saír de cada unha delas, definen como será a seguinte fase do mesmo. Non tratamos pois nada novo, senón unha característica frecuente no sistema capitalista, causadas pola propia marcha da economía, endóxenas e inevitábeis. Importante é entender como surxen as crises e por que van estar con nós no entanto dure o capitalismo. As crises teñen esencialmente características comúns pero as súas causas inmediatas e manifestacións son distintas. Na crise actual os compoñentes máis importantes pódese dicir que son a estratexia económica neoliberal desde os anos 80 que supuxo o deterioro dos salarios;  amais da crise inmobiliaria e a crise financeira, que conxuntamente xeraron a crise económica na que estamos inmersos.

A organización económica, o mercado, a acumulación, a centralización e a circulación do capital, a creación do valor, o papel do estado ou a política económica son conceptos chave que, entre outros, trataremos neste documento.

Está comprobado e é ben sabido que os trinta últimos anos nos que dominou no mundo a política económica neoliberal, en xeral as traballadoras e as clases populares viron deteriorarse gravemente a súa situación salarial e social. Sen dúbida hai unha minoría que mellorou por moi diversas razóns, pero en conxunto, os salarios e as condicións de traballo empeoraron seriamente, estase producindo un importante aumento da desigualdade entre países e entre a cidadanía do mundo e de cada país. Cada vez máis hai uns poucos que son moi ricos e absorven unha parte moito maior da riqueza producida polas traballadoras de todo o mundo, mentras que as traballadoras ven deteriorarse a súa situación, e nos países pobres a situación empeora.

Para facerlle fronte, para saber como combatilos nós témolo claro: organización e formación.

Le e difunde. Aprender sempre!