IscaConstruíndo poder popular

Debater, cadernos formativos de Isca!

En Isca! acreditamos desde o noso nacemento, hai xa case 4 anos, na formación como ferramenta de análise e transformación da nosa sociedade pero tamén da nosa acción política e da nosa militancia. Por iso, comezamos desde hoxe a editar -baixo o cabezallo Debater-, unha serie de cadernos de análise e formación sobre diversas temáticas […]

Chuzame!

En Isca! acreditamos desde o noso nacemento, hai xa case 4 anos, na formación como ferramenta de análise e transformación da nosa sociedade pero tamén da nosa acción política e da nosa militancia. Por iso, comezamos desde hoxe a editar -baixo o cabezallo Debater-, unha serie de cadernos de análise e formación sobre diversas temáticas de interese para a mocidade revolucionaria, co obxectivo de que sirvan como ferramenta para fomentar o debate tanto interna como externamente.

Aproveitando que este ano a celebración do 8 de Marzo cumpriu 100 anos, comezamos este modesto proxecto de divulgación de textos arredor dalgúns dos debates do feminismo cunha serie de cadernosde a través dos cales recoller diversas miradas e análises que sirvan de punto de partida para o debate e o confronto de ideas.

Construindo alternativas feministas pretende ser unha escolma de textos, máis e menos académicos, que sitúen en cada número un debate e contrubuir á divulgación dos diferentes discursos feministas como paso imprescindíbel para abrir espazos de debate a través dos que cuestionar e elaborar o propio discurso.

Comezamos con estes dous cadernos:

 8 de Marzo, 100 anos combatendo o patriarcado

 capaa1web.jpg

Aproveitando esta data e a celebración do 100 aniversario por parte das mulleres de todo o mundo quixemos que o primeiro caderno tivera como punto de partida un percorrido pola orixe do 8 de Marzo e a relación entre feminismo e marxismo, reivindicando o discurso historico das mulleres socialistas que impulsaron e deron ao 8 de Marzo o pulo necesario para que sexa hoxe unha data internacional de loita para todas nós.

>>Descargar<<

>>Ler na rede<<

 

Normatividade e Disidencia Sexual

capa2web.jpg

Debater, reflexionar, analizar e cuestionar son ferramentas esenciais do movemento feminista, o cuestionamento dos roles sociais e a normatividade sexual sitúa no centro do debate o discurso heterosexual. A través deste caderno ollamos cara aos discursos da disidencia sexual que cuestionan o binomio home-muller, homo-hetero e apresentan un novo discurso político de resistencia fronto ao patriarcado.

>>Descargar<<

>>Ler na rede<<

 

 

Tags: debater, feminismo, formación

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD